Charla da Asociación Protectora de Animales Occidente Astur
10 Xuño 2026

A Asociación Protectora de Animais Occidente Astur visitou o colexio para impartir unha charla gratuita sobre o abandono, a tenza responsable e o coidado dos animais. Isa e Ana acudiron acompañadas de Ragnar, un dos cans da protectora, que desfrutou dos mimos e das chuches do alumnado.
O colexio organizou unha recollida de doazóns, á que as familias responderon con gran xenerosidade. Dende a ANPA agradécese a implicación do centro e do profesorado.
Destácase tamén que a protectora ofreceu as charlas de maneira totalmente altruísta, polo que a ANPA A Faxarda decidiu facer unha doazón de 200 € en comida e produtos de limpeza, que serán entregados este domingo nas súas instalacións. 🐾
Información de financiamento

Actividade voluntaria da Asociación Protectora Occidente Astur
Actividade gratuita realizada pola Asociación Protectora Occidente Astur
Galería de imaxes





