Únete ao ANPA A Faxarda
O proceso de rexistro e pago realízase a través dunha plataforma externa especializada para familias.
Cotas por Curso Escolar
* O sistema detecta automaticamente o tramo vixente segundo a data de hoxe.
Cota Bonificada (Ata o 31 de outubro)
Cota Xeral (Dende o 1 de novembro)

¿Listo para comezar?
Descarga Ábaco Familias e xestiona todo desde a túa man.
Primeiros pasos: Rexistro
Como darte de alta e configurar a túa conta por primeira vez.

Selecciona ANPA
Ao abrila, selecciona ANPA A Faxarda no desplegable e preme no botón amarelo "Identifícate como familia"

Valida o teu número de móbil
Introduce o teu número de teléfono para recibir un código de seguridade por SMS. Unha vez recibido, inclúeo na aplicación para validar o teu acceso de forma totalmente segura.

Nome da familia (Apelidos)
No campo "Nombre de la familia", é fundamental que indiques os dous apelidos dos teus fillos ou fillas. Completa tamén os teus datos persoais para crear o perfil de titor/a.

Engade ás túas crianzas
Rexistra os datos de todos os irmáns matriculados. Importante: En infantil, as idades van de 0 a 5 anos (ex: se o alumno cursa 4º de Infantil, debes marcar "Infantil 3 anos" no formulario).

Xestiona a conta en familia
Se queres que máis dun titor teña acceso (pai, nai ou representantes legais), podes engadilos neste apartado. Unha vez rexistrados, cada un poderá entrar co seu propio número de móbil.

Activa avisos e obtén o teu carné
Activa as notificacións para non perder ningunha comunicación urxente. Unha vez rexistrado, a directiva validará os teus datos manualmente e o teu carné de socio aparecerá automaticamente na App.
Explora a túa App
Saca o máximo proveito ás ferramentas que ofrece o ANPA.

Mantente ao día
Na pantalla principal verás os últimos comunicados enviados pola ANPA. Activa as notificacións para recibir avisos urxentes sobre actividades ou reunións.

Contacta coa directiva
Tes unha dúbida? Usa o apartado de "Mensaxes". É moito máis eficaz que o WhatsApp, xa que calquera membro da directiva dispoñible poderá atender a túa petición.

Menú de usuario
Para ver o teu carnet, primeiro pulsa na túa icona de avatar (esquina superior). No menú que aparece, selecciona a opción "Familia".

Identificación de socio/a
Dentro da ficha familiar, verás o botón "Carnet". Prémao para mostrar o teu código QR ou número de socio/a e desfrutar dos descontos nos comercios conveniados.

Pago seguro con tarxeta
Para aboar a cota de socio/a, accede á sección de Pagos, selecciona Xestionar tarxeta e rexistra o teu método de pago. O proceso é rápido e totalmente protexido.