Bos días e tardes
Conciliación Familiar
O servizo de "Bos Días" e "Boas Tardes" está deseñado para axudar ás familias que necesitan ampliar o horario escolar por motivos laborais, ofrecendo unha contorna segura e educativa para os nenos e nenas fóra do horario lectivo.
Tarifas Bos Días
Tarifas Boas Tardes
Día Solto
Válido tanto para Bos Días coma para Boas Tardes.
Aforra co ANPA
A partir do 2º fill@, farase un desconto sobre o total da contía.
Para usuarios habituais dos servizos combinados de bos días e boas tardes.
Descontos acumulables só para socios/as ao corrente de pagamento.
Condicións do servizo
Condicións e pagamento
- •O 9 de setembro e durante toda esta semana, podedes acudir directamente ao Centro sen aviso previo: alí facilitaráselle a folla de inscrición e xa poderán quedarse. A partir da vindeira semana, para incorporarse ao servizo debedes poñervos en contacto coa persoa responsable (Antía, 621 078 338) ou con algún membro da directiva da ANPA.
- •O servizo funciona de setembro a xuño, de luns a venres.
- •As tarifas corresponden a mes completo. A tarifa de medio mes aplicarase en función dos días lectivos de cada mes.
- •Para poder aplicar os descontos é obrigatorio ser socio/a da ANPA e estar ao corrente do pagamento.
- •Só se admiten pagos mediante recibo bancario.
- •Para o uso en días soltos, debe avisarse polo menos un día antes (agás abonados de todos os días).
- •É obrigatorio o cumprimento do protocolo establecido. Ante un incumprimento grave ou reiterado, poderase perder o dereito ao servizo.
Bono-Axuda
No Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo podedes informarvos sobre a posibilidade de recibir un Bono-Axuda para este servizo, se cumprides as condicións establecidas.
Coa colaboración de
Concello de RibadeoInscrición aberta
Descarga o formulario, énchelo e asínao. Podes envialo por WhatsApp ou entregalo en man no servizo de Bos Días / Tardes para formalizar a túa praza.