Servicios

Actividades Extraescolares

CURSO ESCOLAR 2026-2027

Inscrición aberta

Prazo: 16/09/2026 — 27/09/2026 ás 19:00h

Vía de inscrición

Formulario de inscrición

Cubre o formulario en liña e envíao. Non fai falta entregar nada en papel na secretaría.

ℹ️

Información adicional

As actividades extraescolares comezarán o 1 de outubro e serán de 16:00 a 17:00 (agás excepcións indicadas en cada actividade). Lévanse a cabo nas instalacións do colexio. O alumnado que queda no comedor non precisa que a familia o traia: os monitores/as de comedor, seguindo as indicacións da dirección, lévano con Antía (a persoa contratada para Boas Tardes), quen o entrega ao monitor/a de cada actividade. O alumnado que non queda no comedor si debe ser traído pola familia: unha vez confirmada a praza na actividade, avisarémosvos e indicarémosvos exactamente onde e a quen entregalo. En calquera caso, só é preciso recoller ao alumnado ao rematar a actividade. Non é necesaria a renovación trimestral, agás na actividade de Patinaxe, que ten pagamento cuadrimestral.

⚠️

Pregamos responsabilidade á hora de facer a inscrición e formalidade nos pagos; do contrario ocasiónanse perdas económicas e traballo en balde ás persoas que organizan estas actividades.

Duración
2h día / 1 día a la semana

Informática + Mecanografía (Primaria)

Nesta actividade, os participantes aprenderán a manexar o ordenador de forma práctica e divertida. O curso divídese en tres partes interconectadas:

  • Mecanografía: A través de xogos e exercicios interactivos, os alumnos e alumnas aprenderán a escribir de forma rápida e precisa sen mirar o teclado. O máis interesante é que, despois duns meses de práctica, poderán potenciar esta habilidade dende a súa casa a través da nosa plataforma en liña, garantindo así un avance continuo e progresivo.
  • Informática básica: Familiarizarémonos coas partes do ordenador, aprenderemos a organizar os nosos arquivos e cartafoles de forma eficiente e coñeceremos pautas de seguridade para navegar pola internet con responsabilidade.
  • Ofimática: Descubriremos o potencial das ferramentas de oficina e deseño. Traballaremos con programas como LibreOffice e Google Drive para crear os nosos propios textos, deseñar presentacións orixinais e usar follas de cálculo para proxectos escolares. Tamén utilizaremos plataformas creativas como Canva para dar renda solta á sua imaxinación, sempre cun enfoque didáctico e creativo O obxectivo é que os participantes adquiran confianza e autonomía para utilizar o ordenador como unha ferramenta útil e creativa.

Para culminar o curso no mes de xuño, organizaremos campionatos anuais de mecanografia e informática. Estas competicións, nas que poderán competir con alumnos doutros colexios, serán unha oportunidade única para aplicar os coñecementos, gañar medallas e premios, e manter a motivación ao longo de todo o curso.

Máis información en: https://escola.soluziondixital.es/extraescolares

⚠️

Prazas limitadas: terá preferencia o alumnado de 4º de Primaria (Edixgal) e continuarase por orde de inscrición.

P. Ordinario110€/mes
-50%
P. Socios 55€/mes
Nova este curso
Duración
1,5h diaria / 1 día a la semana

Deseño de Videoxogos (Primaria)

Esta actividade transforma os cativos en creadores dixitais. Usando ferramentas como Scratch e outras linguaxes de programación por bloques, aprenden programación básica, deseño de personaxes e lóxica mentres traballan en equipo. Con ela, tratamos de fomentar a creatividade, a confianza e o pensamento crítico.

P. Ordinario60€ / mes
-50%
P. Socios 30€ / mes
Nova este curso
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Inglés I (Infantil)

Creative English Infantil é unha actividade lúdica e dinámica que pretende achegar o inglés aos máis pequenos dun xeito natural, divertido e adaptado á súa idade. A través de xogos, cancións, contos, actividades manipulativas e dinámicas de movemento, os nenos/as poderán familiarizarse co idioma nun ambiente relaxado e participativo.
O obxectivo non é aprender gramática nin realizar tarefas académicas, senón
escoitar, comprender e utilizar vocabulario e expresións básicas mediante situacións significativas e motivadoras. Deste xeito, búscase que o alumnado adquira confianza co inglés desde idades temperás, asociando a aprendizaxe do idioma con experiencias positivas e divertidas.

Obxectivos da actividade.
  • Familiarizar ao alumnado coa lingua inglesa.
  • Desenvolver a comprensión oral mediante xogos e cancións.
  • Ampliar vocabulario básico adaptado á súa idade.
  • Fomentar a participación e a comunicación.
  • Potenciar a creatividade e a imaxinación.
  • Crear unha actitude positiva cara á aprendizaxe do inglés.
Como se traballa?

As sesións organízanse mediante actividades dinámicas e participativas
adaptadas ás características do alumnado de Educación Infantil.
Traballarase principalmente a través do xogo, a música, o movemento, os contos e as actividades manipulativas, favorecendo unha aprendizaxe natural e significativa.
Empregaranse recursos como:

  • Cancións e bailes.
  • Contacontos.
  • Xogos de movemento.
  • Flashcards e imaxes.
  • Manualidades sinxelas.
  • Rutinas en inglés.
  • Xogos cooperativos.
  • Actividades sensoriais.

Ademais, tratarase de deixar un pequeno tempo final para reforzar o vocabulario aprendido mediante xogos libres ou actividades de repaso adaptadas á idade do grupo.
Trabállanse aspectos como:

  • Comprensión oral.
  • Vocabulario básico.
  • Atención.
  • Expresión oral inicial.
  • Creatividade.
  • Socialización.
  • Coordinación e movemento.

En todo momento, as actividades realizaranse mediante unha metodoloxía activa, participativa e centrada no alumnado.
Máis que centrarse na aprendizaxe formal do idioma, esta actividade busca que os nenos/as descubran o inglés de forma natural, gañen confianza e desenvolvan unha relación positiva coa lingua desde os primeiros anos.

Exemplos de actividades.
  • Songs & Dance.
  • Story Time.
  • Animals Around the World.
  • Colours and Shapes.
  • My Family.
  • Body Parts Games.
  • Action Games.
  • Seasonal Crafts.
  • Treasure Hunts.
  • Role-play sinxelo.
  • Rutinas diarias en inglés.
  • Xogos cooperativos con vocabulario.

O obxectivo principal é que os nenos/as desfruten do inglés, participen activamente e adquiran vocabulario e expresións básicas nun ambiente divertido, seguro e adaptado á súa idade.

P. Ordinario48€ / mes
-50%
P. Socios 24€ / mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Patinaxe (Primaria)

Actividade que potencia o desenvolvemento físico muscular, equilibrio e coordinación; así como os valores de socialización en grupo e comprensión e seguimento de indicacións (estimulación cognitiva). A finalidade última é que os rapaces e rapazas adquiran as destrezas necesarias sobre os patíns así como a disposición para convivencia en grupo.

⚠️

Pagamento cuadrimestral por transferencia durante os 10 primeiros días de outubro e febreiro (concepto: nome, curso e actividade). Non se fan devolucións en caso de baixa. Entregar recibo ao monitor/a.

P. Ordinario140€ / Cuatrimestre
-50%
P. Socios 70€ / Cuatrimestre
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Predeporte (de Infantil a 3º de Primaria)

Predeporte é unha actividade lúdica e dinámica na que os nenos/as poden
desenvolver as súas habilidades motrices básicas a través do xogo, o movemento e a cooperación.
A actividade está pensada para que o alumnado desfrute do exercicio físico nun ambiente positivo, participativo e adaptado á súa idade, favorecendo tanto o desenvolvemento motor como a socialización e o traballo en equipo.
Non se busca a competición nin o rendemento deportivo, senón que os nenos/as aprendan a moverse, coordinarse, relacionarse e divertirse mediante diferentes xogos e dinámicas.

Obxectivos da actividade.
  • Mellorar a coordinación, o equilibrio e a psicomotricidade.
  • Fomentar o traballo en equipo e a cooperación.
  • Desenvolver a atención e a velocidade de reacción.
  • Favorecer a participación e a confianza no grupo.
  • Promover hábitos saudables a través do movemento e do xogo.
Como se traballa?

As sesións organízanse mediante xogos dinámicos e cooperativos adaptados ás diferentes idades do alumnado, combinando actividades de movemento, pequenos retos motrices e momentos de volta á calma. Ademais, reservarase un pequeno tempo final para o xogo libre e a relación entre compañeiros/as.

Trabállanse aspectos como:

  • Coordinación
  • Equilibrio
  • Movementos básicos
  • Orientación espacial
  • Cooperación
  • Atención

En todo momento, as actividades realizaranse a través do xogo, o movemento e a participación activa do alumnado, sempre mediante un enfoque dinámico, participativo e adaptado ás necesidades e características dos nenos/as.
Máis que centrarse no rendemento deportivo, esta actividade busca que os
nenos/as desfruten, experimenten, gañen confianza en si mesmos e aprendan a relacionarse e cooperar cos compañeiros/as mentres se divirten e descobren diferentes formas de movemento.

Exemplos de actividades.
  • Xogos cooperativos
  • Circuítos psicomotores
  • Xogos de velocidade e reacción
  • Xogos con música
  • Actividades con balón
  • Carreiras cooperativas
  • Dinámicas grupais
  • Xogos tradicionais adaptados

O obxectivo principal é que os nenos/as desfruten do movemento, gañen confianza nas súas capacidades e aprendan xogando nun ambiente divertido e seguro.

P. Ordinario40€ / mes
-50%
P. Socios 20€ / mes
Nova este curso
Duración
1h diaria / 1 día por semana

Inglés II (Primaria)

Creative English Primaria é unha actividade dinámica e participativa na que o
alumnado poderá practicar e mellorar o seu inglés a través de xogos, retos, actividades creativas e situacións reais de comunicación.
A actividade está pensada para complementar a aprendizaxe do inglés realizada no centro educativo, ofrecendo un espazo no que os nenos/as poidan empregar o idioma de forma práctica e divertida.
As sesións buscarán que o alumnado gañe confianza para comunicarse en inglés, amplíe vocabulario e mellore a súa comprensión oral nun ambiente relaxado e motivador.
Non se trata dunha academia nin dunha actividade baseada en exercicios
tradicionais, senón dunha proposta dinámica na que o inglés se aprende utilizando a lingua en diferentes contextos e situacións.

Obxectivos da actividade.
  • Mellorar a comprensión e expresión oral en inglés.
  • Ampliar o vocabulario de forma contextualizada.
  • Desenvolver a confianza para comunicarse en inglés.
  • Fomentar a participación activa do alumnado.
  • Potenciar a creatividade e a resolución de problemas.
  • Crear unha actitude positiva cara ao uso do inglés.
Como se traballa?

As sesións organízanse mediante xogos, retos e actividades cooperativas
adaptadas ás diferentes idades e niveis do alumnado.
Empregarase o inglés como principal lingua de comunicación durante as
actividades, adaptando sempre as explicacións e consignas ás características do grupo.
Traballarase mediante:

  • Speaking games.
  • Role plays.
  • Escape rooms adaptados.
  • Xogos cooperativos.
  • Actividades creativas.
  • Storytelling.
  • Quizzes e concursos.
  • Manualidades en inglés.
  • Movement games.
  • Proxectos temáticos.

Ademais, reservarase un pequeno tempo final para reforzar o vocabulario e
expresións traballadas durante a sesión mediante xogos ou dinámicas de repaso.
Trabállanse aspectos como:

  • Comprensión oral.
  • Expresión oral.
  • Vocabulario.
  • Pronuncia.
  • Creatividade.
  • Traballo en equipo.
  • Confianza comunicativa.

En todo momento, as actividades realizaranse mediante unha metodoloxía activa, participativa e centrada no alumnado, favorecendo a interacción e o uso real da lingua.

Máis que centrarse na aprendizaxe memorística, esta actividade busca que os
nenos/as empreguen o inglés de forma natural, gañen soltura ao comunicarse e descubran que aprender un idioma pode ser divertido e motivador.

Exemplos de actividades.
  • Speaking Challenges.
  • Scavenger Hunts.
  • Escape Rooms en inglés.
  • Guess Who? e xogos de descrición.
  • Storytelling colaborativo.
  • Board Games adaptados.
  • Kahoots e quizzes.
  • Role Plays.
  • Proxectos culturais sobre países de fala inglesa.
  • Creative Crafts in English.
  • Team Challenges.
  • Music & Lyrics Activities.

O obxectivo principal é que o alumnado empregue o inglés de forma natural e
divertida, desenvolvendo confianza, autonomía e interese pola lingua nun ambiente dinámico, participativo e adaptado ás súas necesidades.

P. Ordinario48€ / mes
-50%
P. Socios 24€/mes
Duración
1h diaria / 1 día por semana

Ioga (Infantil e Primaria)

NOVA EXTRAESCOLAR CURSO 2026/27

Un espazo para respirar, xogar e medrar

"Aprender a escoitar o corpo, expresar as emocións e gozar do movemento."

En que consiste?

Cada sesión terá unha duración de 1 hora.
As clases están deseñadas para que os nenos e as nenas aprendan a través do xogo, do movemento e da creatividade, nun ambiente tranquilo, respectuoso e divertido.
Cada encontro será diferente e combinará propostas como:

  • Posturas de ioga para desenvolver a forza, o equilibrio, a coordinación e a flexibilidade.
  • Xogos e técnicas de respiración que favorecen a concentración, a calma e a xestión das emocións.
  • Dinámicas cooperativas e xogos en movemento, fomentando a confianza, a empatía e o traballo en equipo.
  • Expresión artística, empregando o debuxo, a cor e outras propostas creativas para expresar emocións, estimular a imaxinación e integrar o vivido durante a sesión. Momentos de relaxación e atención plena (mindfulness), aprendendo pouco a pouco a escoitar o corpo, descansar e conectar co momento presente.
Cómo entendemos o Ioga infantil, cómo acompañamos:

Nestas clases non buscamos facer as posturas "perfectas". O noso obxectivo é que cada neno e cada nena descubra as súas propias capacidades, aprenda a respectar o seu ritmo e atope no ioga un momento de benestar.
Porque o ioga infantil é moito máis ca unha actividade física: é un espazo para moverse, respirar, crear, imaxinar, compartir e medrar.
Un tempo para medrar con calma
Cada neno e cada nena leva dentro todo o que precisa para medrar. O ioga simplemente axúdalles a descubrir esas capacidades, cultivando o equilibrio, a
confianza e o benestar dende o respeto, o xogo e a ilusión.

Imparte: Ana Uría

Profesora de Yoga, Pilates, Danza Contemporánea, Contact Improvisación y Artes Plásticas e Educación Visual.
Graduada en Belas Artes, con Máster en Formación do Profesorado na especialidade de Debuxo
Forma parte activa do colectivo artístico ribadense e Asociación Cultural As Vacas Fracas.

P. Ordinario40€ / mes
-50%
P. Socios 20€/mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Xogos de Mesa ó Xadrez (Primaria)

O xadrez é unha actividade moi recomendable para os menores, axuda a mellorar o análises e sínteses, resolución de problemas e toma de decisións. Socialización, creatividade e imaxinación, aceptación de regras, concentración, organización e planificación, intelixencia emocional etc. A actividade está enfocada ó primeiro contacto co xadrez, aprenderanse os coñecementos básicos: colocación das pezas dentro do taboleiro, movemento de pezas, xaque mate, valor relativo das pezas, estratexias para comezar a xogar, etc.

⚠️

No curso 2026/27 ofertaranse ambas as actividades: a que conte con maior número de preinscricións será a que finalmente se leve a cabo.

P. Ordinario50€ / mes
-50%
P. Socios 25€ / mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Tai Jitsu (Defensa Persoal, Primaria)

O Nihon Tai-Jitsu é unha arte marcial que ten as súas raíces na filosofía xaponesa, pero seguindo unha metodoloxía occidental, traballa unha variada gama de técnicas que se complementan entre sí para lograr unha defensa efectiva ante calquera

intento de agresión. Unha das señas de identidade do Tai-Jitsu é entón a súa utilización para a defensa persoal. O que se intenta acadar con esta práctica é fomentar una actitude de seguridade interna e de capacidade de auto protección.

⚠️

É obrigatorio federarse (sobre 30€/anuais).

P. Ordinario60€ / mes
-50%
P. Socios 30€ / mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Intelixencia emocional (Infantil e Primaria)

Un espazo para crecer felices, aprender a xestionar emocións e levarse ferramentas para toda a vida.
Porque non é só un conto... É aprender a ser máis feliz.
Cada semana, unha historia especial invítalles a vivir e comprender as súas emocións, mentres que xogos, debuxos e dinámicas axúdanlles a desenvolver autoestima, empatía, confianza e habilidades sociais mentres se divirten.

P. Ordinario40€ / mes
-50%
P. Socios 20€ / mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Zumba (Infantil e Primaria)

Os obxectivos son o desenvolvemento físico (mellorar a coordinación, a condición física e o control corporal), o desenvolvemento social (promover a confianza, a autoestima e a socialización), o desenvolvemento cognitivo (estimular a creatividade, a disciplina e a memoria coreográfica) e o desenvolvemento emocional (axudar a aliviar o estrés e fomentar a expresión persoal). Todo isto conséguese a través dunha actividade física divertida que integra música, danza e habilidades sociais.

P. Ordinario40€ / mes
-50%
P. Socios 20€ / mes
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Patinaxe (Infantil)

Actividade que potencia o desenvolvemento físico muscular, equilibrio e coordinación; así como os valores de socialización en grupo e comprensión e seguimento de indicacións (estimulación cognitiva). A finalidade última é que os rapaces e rapazas adquiran as destrezas necesarias sobre os patíns así como a disposición para convivencia en grupo.

⚠️

Pagamento cuadrimestral por transferencia durante os 10 primeiros días de outubro e febreiro (concepto: nome, curso e actividade). Non se fan devolucións en caso de baixa. Entregar recibo ao monitor/a.

P. Ordinario140€ / Cuatrimestre
-50%
P. Socios 70€ / Cuatrimestre
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Robótica (1h, Primaria)

O proxecto educativo ROBOTIX, desenvolvido por expertos pedagogos e enxeñeiros, permite que as crianzas aprendan ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas á vez que adquiren habilidades de traballo en equipo, creatividade, innovación e resolución de problemas, habilidades que serán fundamentais para o seu futuro.

P. Ordinario56€ / mes
-50%
P. Socios 28€ / mes
Duración
1h / 1 día por semana

Voley (Infantil e Primaria) o Crossfit (Primaria)

Voleibol Infantil

É unha actividade pensada especialmente para nenos e nenas, na que combinamos xogos, exercicios, pequenos retos e moito movemento para que aprendan voleibol mentres se divirten.

Non utilizaremos competicións como obxectivo principal.

Traballaremos principalmente con pelotas de voleibol adaptadas, redes e materiais sinxelos para que aprendan a controlar, lanzar, recibir e golpear a pelota.

Crossfit infantil

É unha actividade pensada especialmente para nenos e nenas, na que combinamos xogos, circuítos, retos e moito movemento para que fagan deporte mentres se divirten.

Non utilizaremos máquinas de ximnasio.

Traballaremos principalmente co propio corpo e con materiais sinxelos como conos, aros, pelotas, cordas, colchonetas e pequenos obstáculos.

⚠️

No curso 2026/27 ofertaranse ambas as actividades: a que conte con maior número de preinscricións será a que finalmente se leve a cabo.

P. Ordinario40€ / mes
-50%
P. Socios 20€ / mes
Duración
1h 30min / 1 día por semana

Robótica (1,5h, Primaria)

O proxecto educativo ROBOTIX, desenvolvido por expertos pedagogos e enxeñeiros, permite que as crianzas aprendan ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas á vez que adquiren habilidades de traballo en equipo, creatividade, innovación e resolución de problemas, habilidades que serán fundamentais para o seu futuro.

P. Ordinario63€ / mes
-50%
P. Socios 31,50€ / mes
Nova este curso
Duración
1h diaria / 1 día a la semana

Manualidades (de Infantil a 3º de Primaria)

Manualidades é unha actividade creativa e dinámica na que os nenos/as
poden experimentar con diferentes materiais, técnicas e propostas artísticas
adaptadas á súa idade.
A través de actividades variadas, o alumnado poderá desenvolver a súa creatividade, imaxinación e motricidade fina nun ambiente tranquilo, participativo e relaxado.
As sesións están pensadas para que os nenos/as desfruten creando, experimentando e expresándose libremente mediante diferentes manualidades e actividades plásticas, respectando sempre o ritmo e intereses de cada alumno/a.
Non se busca realizar manualidades perfectas nin resultados iguais para
todos/as, senón fomentar a creatividade, a autonomía e a participación activa do alumnado.

Obxectivos da actividade.
  • Fomentar a creatividade e a imaxinación.
  • Traballar a motricidade fina e a coordinación manual.
  • Desenvolver a expresión artística.
  • Favorecer a autonomía e a toma de decisións.
  • Crear un ambiente tranquilo e positivo de traballo.
  • Potenciar a confianza e a expresión persoal.
Como se traballa?

As sesións organízanse mediante actividades creativas e manipulativas
adaptadas ás diferentes idades do alumnado, combinando propostas guiadas
con pequenos momentos de creación libre.
Empregaranse diferentes materiais e técnicas artísticas como:

  • Pintura.
  • Debuxo.
  • Recorte e pegado.
  • Cartulinas.
  • Goma eva.
  • Materiais decorativos.
  • Actividades colaborativas.

Ademais, tratarase de deixar un pequeno tempo final para debuxo libre,
decoración das creacións ou pequenas actividades complementarias,
favorecendo así a autonomía e a expresión creativa do alumnado.
Trabállanse aspectos como:

  • Creatividade.
  • Motricidade fina.
  • Coordinación manual.
  • Expresión artística.
  • Atención e concentración.
  • Autonomía.

En todo momento, as actividades realizaranse mediante un enfoque
dinámico, participativo e adaptado ás necesidades e características dos
nenos/as.
Máis que centrarse no resultado final, esta actividade busca que os
nenos/as desfruten do proceso creativo, experimenten con diferentes materiais e gañen confianza nas súas capacidades mentres crean e se expresan libremente.

Exemplos de actividades.
  • Manualidades temáticas (Magosto, Samaín, Nadal, Pascua, Carnaval, primavera, Día da Nai...)
  • Pintura creativa.
  • Flores e animais con cartulina ou goma eva.
  • Debuxo e decoración libre.
  • Actividades colaborativas.
  • Pompóns e creacións con lana.
  • Tarxetas e pequenas decoracións.
  • Actividades de experimentación artística.

O obxectivo principal é que os nenos/as desfruten creando, experimentando e expresándose nun ambiente tranquilo, creativo e adaptado ás súas idades.

P. Ordinario44€ / mes
-50%
P. Socios 22€ / mes
⚖️

Condicións do servizo

Condicións e pagamento

  • As actividades deben reunir un mínimo de participantes para levarse a cabo. Se non se acada, avisarase o antes posible ás familias para tentar reacomodalas noutra actividade.
  • Na actividade de Informática existe un límite máximo de prazas: terá preferencia o alumnado de 4º de Primaria (necesario polo comezo obrigatorio de Edixgal) e continuarase por orde de inscrición.
  • As actividades (agás Patinaxe) pagaranse directamente ao monitor/a despois da primeira clase de cada mes.
  • A ANPA somos tod@s: as accións individuais benefician ou prexudican ao colectivo. NON HAI PERÍODO DE PROBA.