2025-2026

Charla de divulgación medioambiental e prevención de incendios forestais

6 Maio 2026

Organiza: ANPA A FAXARDA Curso: 5º de Primaria
Charla de divulgación medioambiental e prevención de incendios forestais

Nesta ocasión desprazáronse ata o colexio a Brigada de Bombeiros Forestais de Galicia.

Na visita os axentes ambientais deron unha charla ás crianzas de quinto de primaria, na que ensinaron a realizar unha identificación de especies animais como o urogalo, lobo, perdices, corzo, xabaril, raposo… e tamén especies vexetais autóctonas como o carballo, castiñeiro, piñeiro silvestre, bidueiro, acivro…

Nela puideron aprender como o monte é un ecosistema e unha fonte de riqueza que nos dá froitos, cogomelos, mel e madeira, e moi importante, ensináronnos a coidar o monte realizando pequenas accións como non tirar lixo, a necesidade da reforestación e que debemos evitar para non causar incendios.

Tamén ensinaron sobre etnografía, mostraron un cortín (albariza) para protexer os panais fronte ao oso e explicaron as causas de destrución do monte; o principal problema seguen sendo os incendios pero ademais tamén o furtivismo e o lixo.

Comentaron que a principal causa dos incendios son fogueiras descontroladas ou colillas, así como o que debemos facer se vemos un incendio: chamar ao 112, ao 085 ou avisar a un adulto que teñamos preto.

A actividade concluíu cunhas actividades interactivas como o uso dunha carroceta de bombeiros forestais para que puidesen realizar un simulacro de como se apaga un incendio forestal, tamén a plantación de 3 árbores autóctonas (acivro, loureiro e bidueiro) e a instalación de 2 casetas para paxaros.

Como recordo da actividade, os bombeiros forestais de Galicia agasallaron a cada crianza cun xogo de mesa educativo sobre a prevención de incendios.

Información de financiamento

Actividade voluntaria polo Distrito Forestal da Mariña
Actividade voluntaria polo Distrito Forestal da Mariña

Actividade voluntaria polo Distrito Forestal da Mariña

Actividade gratuíta proporcionada por FAPACEL en colaboración co Distrito Forestal da Mariña

Galería de imaxes

Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería
Imaxe da galería