Cuarto de primaria - Visita á granxa "Lar do Acivro"
8 Xuño 2026

O alumnado de 4º de Primaria disfrutou dunha xornada moi especial en Muimenta, visitando a “Granxa o Acivro”. Foron recibidos con moito agarimo e participaron activamente en todas as actividades.
A primeira parada foi na Igrexa Vella, hoxe un espazo cultural recuperado pola veciñanza e XOTRAMU, onde reflexionaron sobre o significado das familias e a súa diversidade. A continuación visitaron o Museo Pedagóxico, unha antiga escola onde descubriron como era a vida escolar noutros tempos: zocas, maletiñas de madeira, pizarras e a ausencia de merenda, algo que lles chamou moito a atención.
Despois gozaron dun tempo de xogos tradicionais guiados por XOTRAMU, cheo de risas e curiosidade. Máis tarde achegáronse á Casiña Verde para coñecer os animais da granxa —porcos celtas, galiñas de Mos, burros, cabras, ocas…— que tamén teñen unha función terapéutica dentro dun proxecto de inserción laboral da mocidade residente.
A xornada rematou cunha merenda deliciosa e cun agasallo moi especial: un libro dos Bolechas e un xogo de mesa.
Información de financiamento

"Da Escola á Granxa" — Programa de Formación en Proxectos de Emprendemento Rural para as ANPAs da Provincia de Lugo
Concedida por: Deputación Provincial de Lugo, a través del Área de Medio Rural e do Mar, e Mocidade, dependiente de la Vicepresidencia.
Actividade financiada pola Área de Rural, dependente da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, no marco do Programa 'Da Escola á Granxa', cunha subvención de ata o 95% do custo total da actividade, sendo o 5% restante financiado pola ANPA.
Galería de imaxes















