Primeiro de Primaria — Visita á Granxa O Balado
28 Abril 2026

Nesta visita, os alumnos tiveron a oportunidade de vivir unha experiencia en contacto directo coa natureza, afastada do contorno cotiá.
A xornada comezou cunha visita guiada ao bosque de alimentos e a distintas zonas de sistemas agroforestais, onde se lles explicou a diversidade de plantas, os diferentes estratos vexetais, as interaccións entre especies e as formas de produción sostible de alimentos.
A continuación, trasladáronse á zona das ocas e patos, onde coñeceron aspectos básicos sobre o manexo de animais: a súa alimentación, comportamento e o seu papel dentro do sistema.
Nas instalacións da finca visionaron gravacións dunha cámara trampa, a través das cales puideron descubrir a fauna silvestre presente no contorno e os seus hábitos.
Como actividades interactivas, realizaron observación e interpretación de fauna mediante a identificación de pegadas e o exame de cranios de animais, fomentando o pensamento científico e a curiosidade polo medio rural.
Para pechar a visita, a finca O Balado preparou unha pequena degustación de produtos de tempada cultivados ou presentes na finca: yakon, amorodos, follas comestibles, nespras, laranxas e outros produtos dispoñibles segundo a época.
Información de financiamento

"Da Escola á Granxa" — Programa de Formación en Proxectos de Emprendemento Rural para as ANPAs da Provincia de Lugo
Concedida por: Deputación Provincial de Lugo, a través del Área de Medio Rural e do Mar, e Mocidade, dependiente de la Vicepresidencia.
Actividade financiada pola Área de Rural, dependente da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, no marco do Programa 'Da Escola á Granxa', cunha subvención de ata o 95% do custo total da actividade, sendo o 5% restante financiado pola ANPA.
Galería de imaxes








