Visita á granxa "Alejandro Salvatierra" na Pontenova
9 Outubro 2025

O alumnado de 3º de Primaria realizou o 9 de outubro unha saída á Granxa Alejandro Salvatierra, na Pontenova, onde gozaron dunha xornada chea de aprendizaxes sobre natureza, tradición e coidado do medio.
Durante a visita, explicóuselles a importancia das fragas e das árbores autóctonas para a auga e para o equilibrio da atmosfera. Tamén se lles falou do valor do pastoreo e de manter os montes traballados polo gando como medida fundamental para previr incendios.
Os nenos coñeceron de preto razas autóctonas como as cabras serranas, ou o can de raza galega, en perigo de extinción, o cal forma parte dun proxecto de recuperación. Ademais, fixeron unha pequena camiñada polo monte para observar o entorno natural.
A xornada rematou cunha degustación de bizcoito elaborado con ovos de pitas de Mos e zumo caseiro. Como agasallo, cada alumno levou para casa un conto dos Bolechas.
Información de financiamento

"Da Escola á Granxa" — Programa de Formación en Proxectos de Emprendemento Rural para as ANPAs da Provincia de Lugo
Concedida por: Deputación Provincial de Lugo, a través del Área de Medio Rural e do Mar, e Mocidade, dependiente de la Vicepresidencia.
Actividade financiada pola Área de Rural, dependente da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, no marco do Programa 'Da Escola á Granxa', cunha subvención de ata o 95% do custo total da actividade, sendo o 5% restante financiado pola ANPA.
Galería de imaxes









