Iniciativas
Accións concretas que desenvolvemos para apoiar o crecemento e formación do alumnado do CEIP Gregorio Sanz.
O método KiVa
O método KiVa (https://www.kivaprogram.net/) é un prestixioso programa finlandés deseñado para previr e reducir o acoso escolar (bullying). A ANPA A Faxarda é unha das impulsoras da implantación do programa KiVa no seu centro escolar no curso 2025-2026.
Programa 'Coñécete'
Iniciativa de educación afectivo-sexual e xestión emocional dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, centrada no autocoñecemento e o respecto.
Servizos de Conciliación
Xestión directa dos programas Bos Días e Boas Tardes, facilitando que as familias poidan compaxinar a vida laboral co horario escolar.
Festas e Tradicións
Colaboración activa na organización do Magosto, Nadal e outras festividades que forman parte da identidade da nosa vila e centro.
Queres participar nestas accións?
A túa axuda como socio/a permite que estes proxectos sigan medrando.
Ver vantaxes de socio